Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57496

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 138/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 138/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Seijas Piñeiro contra Héctor José Carballo López, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrado da Administración de xustiza Rafael González Alió.

Lugo, 21 de novembro de 2017.

Tendo presentado o traballador Iván Seijas Piñeiro escrito en que exixía o cumprimento polo empresario Héctor José Carballo López da obriga de readmisión, e despachado auto de execución, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o día 15 de xaneiro de 2018, ás 9.55 horas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, tendo en conta o paradoiro descoñecido do demandado, acordo a súa citación por medio de edictos.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de citación en legal forma a Héctor José Carballo López, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa fixación no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 21 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza