Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57485

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3724/2017 CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3724/2017 CRS

Xulgado de orixe/autos: despido/ceses en xeral 1217/2016. Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Luis Ángel Doce Franco

Avogada: Lida Vázquez Méndez

Recorridos: Fogasa, Estefanía Pérez Chas

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3724/2017 desta sección, seguido por instancia de Luis Ángel Doce Franco contra o Fogasa e Estefanía Pérez Chas, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto polo traballador Luis Ángel Doce Franco, contra a sentenza do 18 de abril de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, nos presentes autos 1217/2016 e, con revogación parcial desta resolución, declaramos que o salario regulador do despedimento ascende a 1.251,95 euros/mes e que corresponde ao traballador unha indemnización de mil cento vinte e oito euros con oitenta e un céntimos (1.128,81 euros), debendo fixarse, se é o caso, os salarios de tramitación a razón de corenta e un euros con cinco céntimos (41,05 euros/día), condenamos a empresa ao seu aboamento e mantemos os demais pronunciamentos condenatorios do ditame da resolución impugnada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estefanía Pérez Chas, con último domicilio coñecido na rúa da Obra, 42, 5º A, Sada, A Coruña, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza