Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (701/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 701/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Antonio Rey López contra Turmens Logística Urgente, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza 546/2017

Despido/ceses en xeral 701/2017

Sobre despedimento

Demandante: Ángel Antonio Rey López

Demandados: Fogasa, Turmens Logística Urgente, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Sentenza.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017.

Resolución.

Estimo a demanda en materia de despedimento interposta pola representación procesual da parte demandante fronte a Turmens Logística Urgente, S.L., e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución, e condeno a demandada ao aboamento dos salarios de trámite, calculados a razón de 22,03 euros/día.

En concepto de indemnización, a demandada deberá aboar á parte demandante a indemnización de 726,91 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios dese xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza