Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57475

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da Orde do 23 de agosto de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se convocan para o ano 2017, con carácter plurianual.

Feitos.

Primeiro. A Orde do 23 de agosto de 2017, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 167, do 4 de setembro de 2017, aprobou as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e as convocou para o ano 2017, con carácter plurianual.

Segundo.- No seu artigo 14 indícase que as resolucións de concesión se ditarán por rigorosa orde cronolóxica de entrada das solicitudes no rexistro da correspondente área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), ata esgotar o crédito orzamentario dispoñible.

Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas coa documentación completa, a última solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito tivo a data do 24 de outubro de 2017, ás 19.03 horas.

Consideracións xurídicas.

O artigo 25 da Orde do 23 de agosto de 2017 establece que o momento do esgotamento do crédito será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

En virtude do exposto anteriormente, e de acordo co establecido no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Dar a coñecer o esgotamento, con data do 24 de outubro de 2017, ás 19.03 horas, do crédito autorizado no exercicio 2017 para sufragar as subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo