Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal no lugar de Camiño de Aldea de Arriba-Baamonde.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 17 de novembro de 2017, acordou a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no lugar de Camiño de Aldea de Arriba, de Baamonde.

En cumprimento do disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o documento aprobado a información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para a formulación das alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de títulos habilitantes naqueles ámbitos do territorio obxecto desta modificación puntual do planeamento cuxas novas determinacións supoñan unha modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión será, como máximo, de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa súa aprobación definitiva.

Begonte, 20 de novembro de 2017

José Ulla Rocha
Alcalde