Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57367

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións do complexo balneario-asistencial de Caldeliñas.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 13 de novembro de 2017 aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do complexo balneario-asistencial de Caldeliñas, promovido polo Concello de Verín segundo o proxecto redactado por Otima, S.L. e presentado neste concello con data do 24 de outubro de 2017.

De acordo co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia, e no artigo 186.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da citada lei, sométese o expediente administrativo ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na páxina web do Concello de Verín.

Durante o dito prazo, que comezará a contarse desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente administrativo quedará á disposición de calquera que queira examinalo no Servizo de Urbanismo do Concello de Verín, así como na páxina web deste concello (www.verin.gal), para que se formulen as alegacións que se consideren oportunas.

Notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados polo ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións complexo balneario-asistencial de Caldeliñas, no concello de Verín.

De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de edificación e demolición en todo o ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións do complexo balneario-asistencial de Caldeliñas, no concello de Verín.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Darase cumprimento ao resto de trámites legalmente exixidos para acadar a aprobación definitiva do plan especial.

Verín, 14 de novembro de 2017

Diego Lourenzo Moura
Alcalde en funcións