Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57365

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a supresión de vía.

Visto o expediente tramitado para a modificación do Plan xeral de ordenación municipal para a supresión de vía entre PO-410 e a rúa A Toxa, para corrección de erro material no Plan xeral de ordenación municipal, mediante o Acordo plenario do 9 de novembro de 2017, que ten o seguinte contido literal:

«1º) Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM para a supresión de vía entre a PO-410 e a rúa A Toxa.

2º) Someter o expediente a información publica por un prazo de dous meses mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, un xornal dos de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do concello.

3º) Solicitarlles informe sectorial aos seguintes órganos administrativos:

– Consellería de Medio Ambiente, Ordenación e Infraestruturas por estar o ámbito en zona de protección de estrada autonómica.

– Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura por estar o ámbito en zona de afección de elemento arqueolóxico inventariado.

4º) Dar traslado do expediente ao órgano competente en materia de urbanismo para realizar as consultas previstas no documento de alcance, dar audiencia aos municipios limítrofes e solicitar os informes sectoriais autonómicos preceptivos.

5º) Suspender o outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e derruba nos ámbitos da modificación puntual que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística obxecto de aprobación».

O que se fai público para xeral coñecemento, para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes, durante o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 15 de novembro de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa