Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 56996

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1568/2017).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1568/2017-CON desta sala, seguido por instancia de Salvador Pérez Vila contra AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Granitos Chandecastros, S.L., Construcciones Julio González Souto, S.L., Granitos de Salceda, S.L., Helvetia Compañía Suiza, S.A. de Seguros y Reaseguros sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Salvador Pérez Vila, contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de reforzo de Vigo, do 16 de novembro de 2016 en autos nº 700/2014, que revogamos en parte, acollemos a súa demanda contra Granitos de Salceda, S.L., e Granitos Chandecastros, S.L., declaramos o dereito do demandante-recorrente a percibir unha indemnización de cento vinte e cinco mil euros (125.000 €), a cuxo pagamento efectivo condenamos mancomunadamente as citadas empresas codemandadas en proporción ao tempo traballado polo demandante para cada unha delas, mantendo a absolución de Julio González Souto e das aseguradoras tamén demandadas acordada en instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Chandecastros, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza