1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).
2. Obxecto do contrato: servizo de revisión e mantemento dos ascensores e plataformas elevadoras no Coliseum e no teatro Rosalía de Castro.
3. Prezo do contrato: orzamento anual máximo para asumir polo IMCE: 8.700,00 €, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 7.190,08 € e 1.509,92 € ao IVE correspondente.
4. Duración do contrato: catro anos prorrogables anualmente ata un máximo de seis.
5. Tramitación: ordinaria.
6. Procedemento: aberto.
7. Garantía provisional: non se exixe.
8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído, polo total dos anos de duración do contrato, excluídas as súas posibles prórrogas.
9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil de contratante www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: para consultas administrativas a.canosa@coruna.es, para consultas técnicas x.rodriguez@coruna.es, j.rodriguez@coruna.es
10. Clasificación: non se exixe.
11. Criterios de adxudicación: prezo anual do servizo e prezo/hora do mantemento correctivo (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).
12. Presentación de proposicións: prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizando ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.
Documentación que cómpre presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: Rexistro do IMCE. Avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.
13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinalen no perfil de contratante www.coruna.es
14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
A Coruña, 20 de novembro de 2017
O presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos