Procedemento aberto para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da execución da obra Construción de campo de fútbol de céspede artificial Monte Lomba, número 06/15/2017, no Concello de Cortegada, actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte.
No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra Construción de campo de fútbol de céspede artificial Monte Lomba, número 06/15/2017, no Concello de Cortegada, actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte, cun tipo de licitación de 300.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria á que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 48 ante o Servizo de Contratación.
Sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime procedente, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, se for o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).
Ourense, 22 de novembro de 2017
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense