Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2017 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto e trámite urxente, do servizo de camas e limpeza das instalacións da Residencia do Carballiño para maiores con autonomía.

A Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.

c) Número de expediente: 70/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servizo de camas e limpeza das instalacións da Residencia do Carballiño para maiores con autonomía.

b) Prazo de execución: dous anos.

3. Procedemento e tramitación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Orzamento de licitación: sesenta e sete mil douscentos euros (67.200,00 €), IVE incluído; o importe do IVE é de once mil seiscentos sesenta e dous euros con oitenta e un céntimos (11.662,81 €).

5. Garantía: definitiva: 5 % prezo de adxudicación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.

b) Enderezo: avenida da Habana nº 79, 4º andar, 32004 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 60 96. Fax: 988 38 68 30.

d) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/.resultado.jsp?N=229147

7. Capacidade e solvencia: establécese nos pregos. Non se exixe clasificación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: oito días naturais desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se debe achegar: sinálase no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: preferentemente, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou correo electrónico no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, avenida da Habana 79, 4º andar, 32004 Ourense.

b) Data e hora da apertura: publicaranse na plataforma de contratación coa antelación suficiente.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato (o custo por cada liña deste anuncio é de dez euros con oitenta e dous céntimos, 10,82 €).

Ourense, 1 de decembro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 3 da Orde do 3.3.2016)
María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense