Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 24 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017309TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2017309TA-CO incoado a Sandra Fabiana Sánchez.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 24 de novembro de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro,
modificado polo Decreto 33/2014)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2017309TA-CO.

Interesada: Sandra Fabiana Sánchez (Club Zorba).

DNI/NIF/CIF: X1083793X.

Último enderezo coñecido: Río Xallas, 49, 15100 Carballo.

Perú, 11-1º dta., 15100 Carballo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.