Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2017, da Dirección de Competitividade, pola que se notifican as resolucións referenciadas, acordadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (expediente TUSAN1 2017/035-1).

Por esta cédula, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas físicas e xurídicas que a continuación se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron efectuar.

As/os interesadas/os poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situadas na estrada de Santiago de Compostela-Noia, km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de reposición, ante a titular da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2017/035-1.

Sancionada: Inversiones Altema, S.A.

NIF: A36018463.

Último enderezo: A Aguieira, s/n, Dorneda.

Localidade: Oleiros (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 110.3 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.300 euros.

Comunícaselle que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa, son, polo tanto, executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Axencia de Turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2017

José Luis Maestro Castiñeiras
Director de Competitividade