Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57020

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (7/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 7/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José David Mosquera Noya contra Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Sentenza

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 7/2016 sendo parte neste, como demandante, José David Mosquera Noya, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado e, como demandado, Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, sobre a base dos seguintes (...).

Decido

Estímase a demanda interposta por José David Mosquera Noya fronte a Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 5.578,93 euros, máis o 10 % de xuros.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ostente o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así, o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza