Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (575/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 575/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar Codesido González contra Limpintegra XXI, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentencia: 543/2017

DSP despedimento/cesamentos en xeral 575/2017

Procedemento orixe: /

Sobre: despedimento

Demandante: María del Pilar Codesido González

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Limpintegra XXI, S.L., Fogasa

Avogado: letrado de Fogasa

Sentenza nº 543/2017

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como despedimento (DSP, concretamente, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidades), baixo o número 575/2017, nas que é parte demandante Pilar Codesido González, que comparece asistida polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, e son partes co-demandadas, a mercantil Limpintegra XXI, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos), en nome da súa maxestade o rei veño a ditar esta sentenza sobre a base dos seguintes.

Decido:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda presentada pola traballadora Pilar Codesido González, asistida polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, fronte á mercantil Limpintegra XXI, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes:

1º. Que declaro extinguida a relación laboral existente entre a traballadora Pilar Codesido González e a mercantil Limpintegra XXI, S.L., a data 23 de novembro de 2017.

2º. Que condeno a empresa demandada a aboar a favor da traballadora e agora demandante a cantidade de 20.315,56 euros en concepto de indemnización ex artigo 56.1 do ET en remisión expresa do artigo 50.2 do mesmo texto legal co correspondente cálculo «por tramos».

3º. Que, así mesmo, condeno a empresa demandada a aboar a favor da traballadora e agora demandante a cantidade de 2.782,96 euros en concepto de diferenzas salariais percibidas e impagadas desde xaneiro de 2017 ata novembro de 2017 (detraídas as cantidades xa aboadas á traballadora fóra de prazo e as mensualidades percibidas ata o momento desta sentenza e da extinción da relación laboral das partes litigantes).

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no presente órgano xudicial ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña), dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos exixidos no artigo 190 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios dese xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza