Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (425/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 425/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Chenlo Fernández contra José Antonio Riveiro Codesido y Otro, S.C., Mario Riveiro Codesido, Mónica Riveiro Codesido e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar a demanda presentada a instancia de Dolores Chenlo Fernández, representada e asistida polo letrado Sr. De la Torre Lobato, contra José Antonio Riveiro Codesido y Otros, S.C., Mario Riveiro Codesido, Mónica Riveiro Codesido e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, e debo condenar directamente a sociedade civil José Antonio Rivero Codesido y Otros, S.C. ao aboamento da cantidade de 1.410,36 euros e, subsidiariamente, en proporción da súa respectiva participación na sociedade, os socios que a integran, e todo iso co xuro de demora que se contén no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, devindicado desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Antonio Riveiro Codesido y Otro, S.C., Mario Riveiro Codesido e Mónica Riveiro Codesido, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza