Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato que ten por obxecto a adquisición dunha bomba de achique portátil de alta capacidade para actuacións de apoio loxístico en emerxencias, mobilizada e coordinada desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=183334

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.17.SU.101.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dunha (1) bomba de achique portátil de alta capacidade, que permita bombear ou mover grandes volumes de auga en casos de inundacións graves ou en caso de extinción de incendios de gran magnitude, como apoio loxístico á intervención dos distintos servizos de emerxencia, seguridade e de protección civil, mobilizada e coordinada desde o CIAE 112.

c) División por lotes e número: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 42122000-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 325.000,00 €, IVE incluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de setembro de 2017.

b) Data de formalización: 3 de novembro de 2017.

c) Adxudicataria: Iturri, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 268.500,00 €; importe total: 324.885,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

A Estrada, 28 de novembro de 2017

Marcos Araújo Pereira
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias