Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de novembro de 2017 para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública do documento Reforma número 2 do acondicionamento da AC-406 Portomouro-Santa Comba, treito parque empresarial de Santa Comba-Abuín, de clave AC/08/064.01.1.

Con data do 24 de novembro de 2017, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito

Primeiro. Con data do 20 de abril de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 76 o Anuncio do 6 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o documento Reforma núm. 2 do acondicionamento da AC-406 Portomouro-Santa Comba, treito parque empresarial de Santa Comba-Abuín, de clave AC/08/064.01.1, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións, informes e certificados, e procedeuse á súa valoración.

Fundamentos de dereito

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

De acordo con todo o exposto, e após os certificados, informes e alegacións recibidas,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública do documento Reforma núm. 2 do acondicionamento da AC-406 Portomouro-Santa Comba, treito parque empresarial de Santa Comba-Abuín, de clave AC/08/064.01.1, sometido a información pública, mantendo o trazado proposto como definitivo, suprimindo os camiños de servizo situados nos pp.qq. 0+160 a 0+420 na m.d. e pp.qq. 0+660 a 0+950 na m.e.; e coa consideración das alegacións recibidas, referidas a límites de expropiación e/ou titularidade de bens, segundo as respostas individuais emitidas ás alegacións presentadas.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Santa Comba deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas