Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56570

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (103/2015).

PO procedemento ordinario 103/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Elidia Moure Asorey

Avogada: María del Rocío Arnoso Moure

Demandados: Dado Dada, S.L., Auditorio de Galicia

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 103/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elidia Moure Asorey contra a empresa Dado Dada, S.L., Auditorio de Galicia, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di:

«Decido

Que debo ter por desistida a parte demandante da demanda formulada contra a empresa Auditorio de Galicia e a absolvo de todas as pretensións deducidas contra ela, e que debo estimar a demanda presentada por instancia de Elidia Moure Asorey contra a entidade Dado Dada, S.L., sobre reclamación de cantidade e condeno a demandada Dado Dada, S.L. ao aboamento á demandante da cantidade de 16.472,11 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, producidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) até a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa dun deles, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596 clave 65, coa indicación “recurso” no campo do concepto seguido do código “34 Social Suplicación”, e demostrándoo coa presentación do comprobante de ingreso no período comprendido até a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dado Dada, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de correspondente.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza