Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56386

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de nova ampliación do prazo de exposición pública da aprobación inicial do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos.

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía (Decreto do 18.6.2015) da competencia que lle atribúe o artigo 21.1.j) da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, acordou, na sesión ordinaria do 10 de xullo de 2017, aprobar inicialmente o Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos, expediente de iniciativa municipal redactado pola entidade Oficina de Planeamiento, S.A., en virtude do servizo contratado polo concello, e sometelo aos trámites de información pública e notificación individual aos afectados, previstos no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O prazo de información pública inicial de dous meses (DOG nº 147, do 3 de agosto de 2017) foi ampliado en outros dous, ata o 4 de decembro de 2017, por acordo da Xunta de Goberno Local do 25 de setembro de 2017 (DOG nº 186, do 29 de setembro).

Respecto ás notificacións individuais aos interesados, figura no BOE nº 278, do 16 de novembro de 2017, a notificación edital das que resultaron infrutuosas, polo que para os efectos de que coincida o prazo que resulta do anuncio do BOE co xeral de información pública, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 20 de novembro de 2017, acordou o seguinte:

«Primeiro. Ampliar ata o 16 de xaneiro de 2018 o período de información pública do plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos.

Segundo. Publicar o anuncio da dita ampliación de prazo no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, na páxina web municipal e nos xornais de maior difusión na provincia».

O que se fai público para xeral coñecemento e para a efectividade do acordado pola Xunta de Goberno Local.

Monforte de Lemos, 20 de novembro de 2017

José Tomé Roca
Alcalde