Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación do inicio do trámite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria de Brandariz-Obra (Sector Brandariz) (Vila de Cruces-Pontevedra), en recursos de alzada contra bases definitivas.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina comarcal do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Polideportivo, nº 1, baixo) en Lalín (Pontevedra). Teléfono: 886 15 94 52.

Pontevedra, 27 de novembro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expte.

Interesado/a

Acto que se notifica

R-28

Carmen Rodríguez Lareo

Trámite de audiencia

R-43

Pilar Salgueiro Barcala

Trámite de audiencia