Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación da resolución dos recursos de alzada das bases definitivas na zona de concentración parcelaria de Troáns II (Cuntis-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, de conformidade coa normativa sectorial aplicable e os artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O expediente administrativo estará á súa disposición nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º andar) en Pontevedra. Teléfono: 986 80 54 33.

Pontevedra, 27 de novembro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expte.

Interesado

Acto que se notifica

R-13 R-14

Manuel Fontenla Iglesias

Resolución recurso de alzada

R-49

José A. Fernández Varela

Resolución recurso de alzada

R-52

María José Touriño Casal

Resolución recurso de alzada