Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 28 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a resolución do recurso ditada en expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos (expediente RA/M/2017/00283 e oito máis).

O secretario xeral técnico ditou a resolución do recurso presentado no expediente sancionador número RA/M/2017/00283 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

XC-02293-O-2014

RA/M/2017/00283

4885-GKP

Almacenes Celso Míguez, S.A.

Transporte de mercadorías perigosas utilizando sobreembalaxes sen etiquedas prescritas en ADR.

7.2.2014; 12.06; N-VI; 577,5

Art. 140.15.5 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-01005-O-2014

RA/M/2017/00422

7595-DSF/ R-2438-BBR

Grupo Operador Transportes Pedro Ruibal

Transporte de mercadorías con tarxeta de transportes caducada.

28.4.2014; 18.02; A52; 155,0

Art. 42 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-01825-O-2014

RA/M/2017/00425

0894-HXR

Defrades, S.L.

Transporte de mercadorías carecendo das follas de rexistro dos tempos de condución ou documentos de impresión obrigatorios.

30.6.2014; 20.05; A6; 470,00

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-04764-O-2014

RA/M/2017/00426

8278-CBV

Hermanos Pallas, S.L.

Transporte de viaxeiros carecendo do certificado de aptitude profesional.

21.6.2014; 12.40; AC-523; 6,0

Art. 140.18 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-02166-O-2014

RA/M/2017/00429

8392-DFG/ R-2438-BBR

Grupo Operador Transportes Pedro Ruibal

Transporte de mercadorías con autorización caducada.

5.6.2014; 23.42; AP9; 128,0

Art. 140.1 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-02305-O-2014

RA/M/2017/00430

3641-FTV

Grupo Operador Transpostes Pedro Ruibal

Transporte de mercadorías con autorización caducada.

18.6.2014; 12.35; PO-300; 10,0

Art. 140.33 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-03633-O-2014

RA/M/2017/00458

2688-DPY

Arias Logística y Transporte

Transporte de mercadorías utilizando un tacógrafo que non funciona adecuadamente.

24.4.2014; 20.55; AC523; 6,5

Art. 140.33 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-00405-O-2016

RA/M/2017/00477

0722-BCV

Arias Logística y Transporte

Transporte de mercadorías carecendo de título habilitante.

1.12.2015; 11.00; A6; 557,5

Art. 140.1 LOTT

801,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-01433-O-2014

RA/M/2017/00481

7860-DPS/ R-2487-BBG

Victor José Balado Guzmán

Transporte de mercadorías falseando as follas de rexistro, a tarxeta de condutor, certificado de actividades.

23.3.2014; 18.44; AP9; 128

Art. 140.9 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta