Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de novembro de 2017, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar os expedientes de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 10 de novembro de 2017

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Cafetería Capricho.

Signatura: C-PO-000270.

Titular: José Lago Daponte.

Enderezo: rúa Fernández de la Mora, 87.

Concello: Ponteareas.

Establecemento: Cafetería Diseño.

Signatura: C-PO-000358.

Titular: Avelino Durán Sebastián.

Enderezo: rúa Príncipe, 6.

Concello: Vigo.

Establecemento: Cafetería La Piscina.

Signatura: C-PO-000783.

Titular: Cafetaría La Piscina Ponteareas, S.L.

Enderezo: As Cachadas, O Reiro.

Concello: Ponteareas.

Establecemento: Cafetería Lorena.

Signatura: C-PO-000213.

Titular: Matilde Portela Lorenzo.

Enderezo: rúa Príncipe, 57.

Concello: Vigo.

Establecemento: Cafetería Reca.

Signatura: C-PO-000810.

Titular: García Barbón 56, S.L.

Enderezo: rúa García Barbón, 52.

Concello: Vigo.