Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de novembro de 2017, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se notifica aos titulars dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 9 de novembro de 2017

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Cafetería Alameda.

Signatura: C-PO-000757.

Titular: Exclusivas Alameda, S.L.

Enderezo: rúa Médico Ballina, 12.

Concello: Pontevedra.

Establecemento: Cafetería Ébano.

Signatura: C-PO-000778.

Titular: Palmeras y Sucursal, S.L.

Enderezo: rúa San Antoniño, 1.

Concello: Pontevedra.

Establecemento: Cafetería Explanada.

Signatura: C-PO-000309.

Titular: Explanada, S.A.

Enderezo: rúa García Barbón, 25.

Concello: Vigo.

Establecemento: Cafetería Gosi.

Signatura: C-PO-000391.

Titular: Norma Cerna Araújo.

Enderezo: rúa Gonzalo Gallas, 4.

Concello: Pontevedra.

Establecemento: Cafetería Guay.

Signatura: C-PO-000271.

Titular: Guay, C.B.

Enderezo: paseo de Alfonso XII, 33.

Concello: Vigo.

Establecemento: Cafetería Las Delicias.

Signatura: C-PO-000724.

Titular: Cafetería Pastelería Las Delicias, S.L.

Enderezo: rúa Loureiro Crespo, 7.

Concello: Pontevedra.

Establecemento: Cafetería Mi Rincón.

Signatura: C-PO-000963.

Titular: María de Fátima da Silva Araújo.

Enderezo: rúa Maristas, 13, baixo.

Concello: Tui.

Establecemento: Cafetería Mordiscos.

Signatura: C-PO-000668.

Titular: Ramón García Ruibal.

Enderezo: rúa Pedro Mateo Sagasta, 44.

Concello: Caldas de Reis.

Establecemento: Cafetería Zeus.

Signatura: C-PO-000218.

Titular: Cafetería Zeus, S.L.

Enderezo: rúa Alfonso XII, 16.

Concello: Redondela.

Establecimiento: Cafetería Center.

Signatura: C-PO-000382.

Titular: Mafari, S.A.

Domicilio: rúa Laranxo, 2.

Ayuntamiento: Pontevedra.