Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de pataca pelada (expediente MS-EIS1-17-077).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

4º. Teléfono: 981 95 02 60.

5º. Telefax: 981 95 09 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.ctra.santiago@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: MS-EIS1-17-077.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de pataca pelada para a Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse os pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Xestión Integrada de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses, computados desde a data da súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 03212100-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos.

Criterios valorables de forma non automática (sobre B):

1º. Características organolépticas do produto: 0-20 puntos.

2º. Características valorables segundo parámetros solicitados en prescricións técnicas: 0-10 puntos.

Criterios valorables de forma automática (sobre C):

1º. Prezo: 0-65 puntos.

2º. Nº de días de entrega de luns a venres superando o mínimo solicitado: 0-3 puntos.

3º. Tempo de resposta en horas en servizos urxentes: 0-2 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 330.640,13 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 132.468,00 euros. Importe total: 137.766,72 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: si; véxanse os pregos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), de ser o caso: véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: –.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8.1.2018.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

2º. Enderezo: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Número previsto de empresas que se pretenden invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido).

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: –.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: véxanse os pregos.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.11.2017.

12. Outras informacións: –.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela