Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56110

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1744/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 1744/2017

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 840/2015 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Laureano Conde Vieira

Avogado: Daniel del Valle Corrochano

Recorrido: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Hermanos Rodríguez Fernández, S.L.

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado da Comunidade, María Araceli Martínez Araújo

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1744/2017 desta sección, seguido por instancia de Laureano Conde Vieira contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, Hermanos Rodríguez Fernández e Sergas sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Laureano Conde Vieira contra a Sentenza do 14 de febreiro de 2017 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a Mutua Colaboradora da Seguridade Social Fremap, a entidade mercantil Hermanos Rodríguez Fernández, Sociedad Limitada, o Servizo Galego de Saúde, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Sala confírmaa integramente.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, a fin de que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Rodríguez Fernández, S.L. con último domicilio coñecido na Travesía de Vigo, 89, piso baixo, 36206 Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de novembro de 2017

A secretaria xudicial