Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55994

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do 29 de novembro de 2017 da licitación do servizo de mantemento do xestor documental Alfresco.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena nº 30-36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: servizo de mantemento do xestor documental do Concello de Pontevedra. Prazo duración: catro (4) anos. Posibilidade de dúas prórrogas de duración anual.

3. Procedemento e forma de adxudicación: aberto criterio 1 tipo. Anexo II PCAP.

4. Orzamento de licitación total: 80.000,00 € máis o IVE: 16.800,00 €. O orzamento total é de 96.800,00 €

5. Garantías: provisional: non. Definitiva: 5 %.

6. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00. Fax 886 21 28 43, www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 do PCAP.

8) Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido no prego.

Pontevedra, 29 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda