Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55989

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de licitación do contrato de asistencia técnica para a implementación e execución da Estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (Edusi Marín 2020), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea, no marco do Programa operativo de crecemento sustentable 2014-2020.

1. Entidade adxudicataria. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: departamento de Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: departamento de Secretaría.

2º. Domicilio: avenida de Ourense, s/n.

3º. Localidade e código postal: Marín, 36900.

4º. Teléfono: 986 88 03 00.

5º. Fax: 986 88 20 13.

6º. Correo electrónico: secretaria@concellodemarin.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodemarin.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no último dos boletíns oficiais en que apareza (BOP ou DOG).

d) Número de expediente: 204/17-B.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de asistencia técnica para a implementación e execución da Estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado do Concello de Marín (EDUSI Marín 2020), cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo de crecemento sostible 2014-2020.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: Marín.

2º. Localidade e código postal: Marín, 36900.

e) Prazo de execución/entrega: catro anos.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79420000-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 19 del PCAP, que se enumeran a continuación:

Criterios cuantificables de maneira automática (sobre C): ata 60 puntos.

– Oferta económica, ata 50 puntos.

– Mellora no número de xornadas de difusión do proxecto, ata 10 puntos.

Criterios que dependen dun xuízo de valor (sobre B): ata 40 puntos.

– Calidade técnica da oferta, ata 30 puntos.

– Calidade da metodoloxía, ata 10 puntos.

Limiar mínimo de puntuación: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas cuxa puntuación polos criterios non cuantificables mediante fórmulas acade 20 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 201.942,00 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 201.942,00 euros. Importe total: 244.349,82 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (cláusula 10 PCAP):

1º. Requisitos mínimos de solvencia económica e financeira: volume anual de negocios, que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos deberá ser polo menos de 75.728,25 euros, equivalente a unha vez e media o valor anual medio do contrato.

2º. Requisitos mínimos de solvencia técnica/profesional: experiencia na realización de traballos do mesmo tipo ou natureza a que corresponde o obxecto do contrato e que o importe anual acumulado no ano de maior execución dos últimos cinco anos sexa igual ou superior a 50.485,50 euros, equivalente á anualidade media do contrato.

c) Adscrición mínima de medios: o contratista deberá dispoñer do persoal que se establece na cláusula 4.1 do PPT. Segundo o exposto na cláusula 24 do PCAP, a empresa que presente a oferta máis favorable deberá xustificar dispoñer do mencionado persoal.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no último dos boletíns oficiais en que apareza (BOP ou DOG).

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo, con comunicación obrigatoria do envío ao órgano de contratación (nº de fax: 986 88 20 13), segundo o artigo 80 do RXLCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Concello de Marín, das 9.00 ás 14.00 horas (de luns a venres).

2º. Domicilio: avenida de Ourense, s/n.

3º. Localidade e código postal: Marín, 36900.

4º. Enderezo electrónico: www.concellodemarin.es.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: mesa de contratación.

b) Enderezo: avenida de Ourense, s/n.

c) Localidade e código postal: Marín, 36900.

d) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

10. Obrigas contractuais esenciais:

– As establecidas como tales na normativa e nos pregos.

– A adscrición de medios persoais exixidos na cláusula 4.1 do PPT para a execución do contrato.

11. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ata a contía de 1.000,00 euros.

Marín, 10 de novembro de 2017

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa