Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55891

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 29 de novembro de 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 6 de abril).

A Orde do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 68, do 6 de abril), establece no seu artigo 4, no cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego.

Poderase ampliar a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins como consecuencia da existencia de remanentes no mesmo programa e da incorporación de fondos, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo primeiro.

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 68, do 6 de abril), na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017:

09.40. 322C 470.4 , no código de proxecto 2016 00 316, na contía de 466.959,55 €.

Artigo segundo.

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria