Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de novembro de 2017 polo que se somete a información pública a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica LU-161 Landrove (LU-540)-Ferreira do Valadouro (LU-160) no treito situado entre os puntos quilométricos 2+430 a 2+690.

Aprobada provisionalmente, por Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 20 de novembro de 2017, a delimitación da liña límite de edificación da estrada de titularidade autonómica LU-161 Landrove (LU-540)-Ferreira de Valadouro (LU-160), no treito situado entre os p.q. 2+430 a 2+690, e de conformidade co disposto no artigo 103 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, sométese a antedita delimitación á información pública por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, a fin de que calquera persoa física ou xurídica poida formular as alegacións que ache pertinentes.

Os documentos que se someten a información pública son o informe da Área de Planificación e Proxectos do 11 de outubro de 2017, a conformidade do Servizo Provincial de Lugo da Axencia Galega de Infraestruturas do 10 de novembro de 2017, a antedita Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 20 de novembro de 2017 e o plano no que se establece a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica LU-161 Landrove (LU-540)-Ferreira de Valadouro (LU-160), no treito situado entre os p.q. 2+430 a 2+690.

O expediente estará exposto ao público, en días e horas hábiles de oficina, nos locais desta Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n), no Servizo de Infraestruturas en Lugo (rolda da Muralla, 70) e na Casa do Concello de Viveiro (praza Maior, 1).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://www.civ.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estrada) atópanse á disposición dos interesados, para a súa consulta, os documentos antes citados, relacionados coa referida redución excepcional da liña límite de edificación.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas