Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55702

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de reparación da frota de vehículos, incluída a subministración dos repostos necesarios.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parque Móbil. Nº de expediente: 12.659-445.

2. Obxecto do contrato: a prestación do servizo de reparacións da frota de vehículos do Concello de Vigo, incluída a subministración dos repostos necesarios.

Lugar de execución: taller do Parque Móbil do Concello de Vigo.

Prazo de execución: dous (2) anos. Prórroga: dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 528.925,62 euros. IVE para soportar pola Administración: 111.074,38 euros. Orzamento total: 640.000,00 euros. Dotación por lotes: lote 1 turismos e furgonetas: 198.347,11 euros; lote 2 camións, buses e maquinaria: 231.404,96 euros; lote 3 motocicletas: 99.173,55 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 81 01 48. Fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato, ou posuír a seguinte clasificación: grupo Q, subgrupo 2 mantemento e reparación de vehículos, categoría 3. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa o importe, as datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do lote ou lotes a que presente proposta o licitador.

Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario, ou posuír a seguinte clasificación: grupo Q, subgrupo 2 mantemento e reparación de vehículos, categoría 3.

Enténdense por traballos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato os que coincidan coas definicións de reparacións de avarías, reparación de accidentes, outras reparacións e mantemento descritas no obxecto deste contrato (punto A do prego de prescricións técnicas) para cada tipo de vehículo.

8. Presentación das ofertas. Prazo: o prazo rematará o 2 de xaneiro de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das follas de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 20 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación