Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55705

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación dos servizos de formación do programa Vigo polo emprego da mocidade.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Emprego. Nº de expediente: 14.440-77.

2. Obxecto do contrato: a impartición e avaliación das accións formativas pertencentes ao proxecto Vigo polo emprego da mocidade.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: doce (12) meses. Prórroga: non procede.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 669.738,00 euros. IVE para soportar pola Administración: exento de IVE. Orzamento total: 669.738,00 euros. Dotación por lotes: Lote 1 Creación e xestión de microempresas: 95.160 € (exento IVE). Lote 2 Confección e publicación de páxinas web: 184.464 € (exento IVE). Lote 3 Operacións básicas de cociña: 87.412,50 € (exento IVE). Lote 4 Operacións básicas de restaurante e bar: 72.427,50 € (exento IVE). Lote 5 Comunicación en linguas estranxeiras (inglés): 187.704 € (exento IVE). Lote 6 Sensibilización na igualdade de oportunidades: 16.500 € (exento IVE). Lote 7 Alfabetización informática: informática e internet: 26.070 € (exento IVE).

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financiera: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación das ofertas: prazo: o prazo rematará o 27 de decembro de 2017.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato (FEC).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: este proxecto é susceptible de ser cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 24 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación