Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de novembro de 2017 polo que se notifica trámite de audiencia no expediente sancionador MON-LU-0012/2015-CAF.

De conformidade co disposto nos artigos 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), publícase o emprazamento para trámite de audiencia en relación co recurso de alzada, presentado polo interesado Ángel López Buján, contra a resolución do expediente sancionador de montes MON-LU-0012/2015-CAF, a Plácido Roca Lage, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos.

O expediente atópase á súa disposición nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo da Secretaría Xeral Técnica desta consellería, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: MON-LU-0012/2015-CAF.

Interesado: Plácido Roca Lage.

Acto de notificación: trámite de audiencia.

Último enderezo coñecido: r/ Estocolmo, 7, 15008 A Coruña.