Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, de servizos para impartir módulos formativos para asesores, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (75 %) do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (expediente 1/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: execución dos servizos de formación, como unha medida específica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, dirixida á contratación de entidades acreditadas, provedoras de módulos CECRA ou equivalente, que permitan mellorar as aptitudes de comunicación e metodolóxicas dos técnicos das entidades de asesoramento recoñecidas (actualmente inscritas no Resaxega) e o persoal da propia Administración.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: o prazo de execución comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato. A duración do contrato será de 3 anos.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 80510000-2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 198.000 €. Importe total: 198.000 € (IVE exento).

Valor estimado: 198.000 €.

5. Financiamento: 75 % con fondos da Unión Europea, a través do Feader (submedida 2.3, formación de asesores), 7,5 % con fondos da Administración xeral do Estado, e 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

c) Concreción das condicións de solvencia: compromiso de adscribir á execución do contrato determinados medios persoais mínimos (alínea F.5 do cadro de características).

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído IVE (9.900 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano 4, CP 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 61 86 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=215575

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 26 de decembro de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina do Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 9 de xaneiro de 2018.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outras condicións: realización das accións formativas no sistema CECRA (Certificado de asesores europeos do medio rural) ou nun equivalente.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural