Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55584

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 4 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

No Diario Oficial de Galicia núm. 71, do 11 de abril de 2017, publicouse a Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (corrección de erros no DOG núm. 80, do 26 de abril).

No artigo 17 punto 2, no seu primeiro parágrafo establécese que « 2. A persoa beneficiaria deberá ter realizadas e xustificadas as actuacións que fosen obxecto da axuda no prazo sinalado no proxecto de intervención; non obstante o anterior, a persoa beneficiaria poderá solicitar a ampliación do prazo de xustificación por circunstancias debidamente acreditadas que, en ningún caso, poderá exceder o 10 de decembro de 2017».

A tardía data de publicación da convocatoria e o elevado número de solicitudes recibidas determina que a fase de instrución e a resolución dos expedientes finalizará máis alá das datas inicialmente previstas, polo que, co fin de garantir a maior eficacia posible no desenvolvemento dos proxectos de intervención subvencionados, considérase recomendable modificar o prazo de xustificación inicialmente contemplado.

En consecuencia, no uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014- 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

O primeiro parágrafo do número 2 do artigo 17 da Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, queda redactado como segue:

«2. A persoa beneficiaria deberá ter realizadas e xustificadas as actuacións que fosen obxecto da axuda no prazo sinalado no proxecto de intervención; non obstante o anterior, a persoa beneficiaria poderá solicitar a ampliación do prazo de xustificación por circunstancias debidamente acreditadas que, en ningún caso, poderá exceder o 20 de decembro de 2017».

Disposición final única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social