Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha ampliación de explotación avícola de recría no concello de Baltar (Ourense), titularidade da Sociedade Cooperativa Unimiño, S.C.G. (clave do expediente 2017-IPPC-I-44).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Autorización ambiental integrada. Proxecto básico e estudo de impacto ambiental. Ampliación de explotación avícola de recría para 59.924 aves. Marzo 2017».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmaot.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2017-IPPC-I-44.

Peticionario: Sociedade Cooperativa Unimiño, S.C.G.

Domicilio social: Centro Procesado Avícola, C.P.A, Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense.

Localización da instalación: lugar Os Pozos, Tixós, código postal 32632, concello de Baltar (Ourense).

Actividade: a instalación consistirá na ampliación dunha granxa para a recría de aves con capacidade final de 52.101 aves e unha nave para aloxamento de galos con capacidade para 7.823 aves, como edificacións principais.

Para iso dispón dunha nave para o aloxamento das aves de recría, un depósito de auga, silos para almacenar penso, valado perimetral e vestiarios e almacén. A ampliación prevé construír dúas naves a maiores para aves de recría, unha nave para aloxamento de galos, esterqueira de 900 m3 de capacidade, vado sanitario e arco de desinfección, depósito estanco de augas residuais, depósito de augas de limpeza, depósito de propano e unha edificación que albergará aseos, vestiarios, comedor, oficina, sala de cadros de control e almacén.

As augas residuais fecais e augas residuais procedentes do vado sanitario recóllense nun depósito estanco de 8 m3 e remítense a xestor autorizado. As augas residuais procedentes da limpeza das naves recóllense nun depósito estanco de 15 m3 e remítense a xestor autorizado.