Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55627

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (631/2016 M).

PO Procedimiento ordinario 631/2016 M

Procedimiento origen: /

Sobre ordinario

Demandante: Ruben Bendaña Couse

Demandados: Acof Asociados, S.L., Fogasa

Abogado: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 631/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Bendaña Couse contra Acof Asociados, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, se acordou citar Rubén Bendaña Couse e Acof Asociados, S.L., en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 Santiago de Compostela, o día 19.12.2017 ás 11.40 e as 11.45 horas, a fin de celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, quen poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer. Advírteselle de que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Así mesmo, advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Rubén Bendaña Couse e a Acof Asociados, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza