Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55568

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 30 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Unviersitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2017 (DOG núm. 107, do 7 de xuño), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre do 2017 por esta consellería, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Título

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para proporcionar ao persoal investigador do SUG acceso a recursos de supercomputación, almacenamento de datos e comunicación.

3.5.2017

510.000,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Fundación Endesa, Endesa Generación, S.A. e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto de formación ambiental na entulleira das Pontes.

3.5.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo no financiamento de recursos de información científica en liña.

3.5.2017

1.175.715,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Marco para a realización de actividades culturais, didácticas e de difusión.

4.5.2017

100.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia en 2017.

5.5.2017

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Faro de Vigo, S.A.U. para potenciar o uso do idioma galego.

9.5.2017

57.518,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e La Opinión de La Coruña, S.L. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Opinión de La Coruña que edita esta entidade.

9.5.2017

13.493,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Inditex, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

9.5.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial da Coruña para a realización de actividades de formación de linguaxes específicas galegas para o ano 2017.

10.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Moeche para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal, dependente desta.

12.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello do Barco de Valdeorras para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da biblioteca pública municipal Florencio Delgado Gurriarán, dependente deste.

12.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, S.M.E., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no CIFP Porta da Auga.

15.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Unvi, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

15.5.2017

0,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver nos anos 2017 e 2018 un programa de actuacións en materia de investigación lingüística a través do Instituto da Lingua Galega.

16.5.2017

240.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Comisións Obreiras (CC.OO.) para actuacións de normalización lingüística.

18.5.2017

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Antonio Fraguas para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

18.5.2017

7.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Roomleader, S.L. e IGM Web, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no IES Val do Asma.

19.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Hotusa Hotel, S.A. e Restel, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no IES Val do Asma.

19.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Citadel, S.L.U., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no IES Val do Asma.

19.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as empresas Financiera Maderera, S.A. e Foresa Industrias Químicas del Noroeste, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

19.5.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universität Zürich para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

19.5.2017

2.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Panadería Da Cunha, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

19.5.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para actuacións de normalización lingüística.

22.5.2017

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a CSI-F para actuacións de normalización lingüística.

22.5.2017

1.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Sociedad Téxtil Lonia, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

23.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no IES de Valga.

23.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da biblioteca pública municipal Xoán Xosé Pérez Labaca, dependente deste.

23.5.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a ONCE para actuacións de normalización lingüística.

24.5.2017

2.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Repsol, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

24.5.2017

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e as fundacións María José Jove e Ingada para difusión e fomento, entre o profesorado dos centros educativos de educación primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato, dun programa de formación para o tratamento do alumnado con transtorno por déficit de atención e hiperactividade.

26.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Arlea Hotels, S.L.U. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

26.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Hijos de Rivera, S.A.U. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no IES Universidade Laboral de Culleredo e no IES A Sardiñeira.

26.5.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Silva de Sons para a realización do ciclo Espazos Sonoros 2017.

29.5.2017

40.000,00 €

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas profesionais e superiores de música.

30.5.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para actuacións de normalización lingüística.

31.5.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o sindicato ANPE para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

31.5.2017

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Santiago de Compostela para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

31.5.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o centro neuropsicopedagóxico O Pelouro para o funcionamento e reserva de prazas para o alumnado durante o curso escolar 2017/18.

1.6.2017

255.293,47 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a UGT para actuacións de normalización lingüística.

1.6.2017

1.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para o funcionamento do centro de formación profesional Calvo Sotelo durante o curso escolar 2017/18.

1.6.2017

106.925,61 €

Convenio entre a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para o funcionamento do centro Rafael Puga Ramón durante o curso escolar 2017/18.

1.6.2017

490.096,50 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Antigos Tunos Compostelanos para a colaboración nos gastos da xestión das visitas do museo da Casa da Troia para o ano 2017.

1.6.2017

8.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

1.6.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Viaqua, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

2.6.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U., sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

2.6.2017

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC).

5.6.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol para a xestión da Biblioteca Municipal Central de Ferrol.

5.6.2017

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez.

6.6.2017

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editoras (AGE), para a participación e asistencia ás feiras internacionais do libro, actividades de promoción e consolidación do sector do libro e para o mantemento da asociación.

6.6.2017

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para a realización de actividades de promoción do libro e da lectura.

6.6.2017

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Vicente Risco para a realización de actividades culturais.

8.6.2017

10.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Laxeiro para a realización de actividades culturais.

8.6.2017

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Coral Galega para a realización de cursos, festivais e concertos.

8.6.2017

24.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Federal Fluminense (Brasil) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

12.6.2017

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Catedral de Santiago de Compostela para a catalogación do Fondo Histórico do Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela e a súa integración nos catálogos colectivos do patrimonio bibliográfico estatal e galego.

12.6.2017

0,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Ourense para a programación das actuacións de conservación, mantemento e mellora nos centros públicos de educación infantil, educación primaria e educación especial da provincia de Ourense.

14.6.2017

327.009,45 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a sociedade Inversiones Hoteleras de Galicia, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no IES Sanxillao e no IES Muralla Romana.

14.6.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Anfaco-Cecopesca e varias empresas, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no IES Fermín Bouza Brey.

14.6.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial para o desenvolvemento do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

14.6.2017

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para o mantemento das dependencias da Casa Grande de Cimadevila e actividade cultural Festa literaria do Premio Trasalba.

14.6.2017

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas Ondas para deseño de unidades didácticas de contidos de patrimonio inmaterial para educación primaria e educación secundaria.

14.6.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para a concesión do X e XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

14.6.2017

12.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Navantia, S.A., S.M.E., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no CIFP Ferrolterra.

15.6.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Complutense de Madrid (Facultade de Filoloxía) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

16.6.2017

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Deusto para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

17.6.2017

19.487,52 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Paradores de Turismo de España, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no CIFP Paseo das Pontes.

20.6.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela para a realización de actividades culturais.

26.6.2017

10.000,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (Comisión Fulbright) para a incorporación de auxiliares de conversa Fulbright para o curso 2017/18.

28.6.2017

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Eugenio Granell para a realización de actividades culturais.

29.6.2017

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Gaiteiros Galegos para a realización das IV Xornadas sobre o baile tradicional e V Xornadas arredor da música tradicional.

29.6.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización dun circuíto teatral a nivel autonómico.

29.6.2017

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán para a realización de actividades culturais.

3.7.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Dodro para a celebración do XXX premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

3.7.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para a realización de actividades culturais.

3.7.2017

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a realización dunha actuación arqueolóxica para a documentación e delimitación do xacemento arqueolóxico dos Castros (Mondoñedo, Lugo).

4.7.2017

25.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Arzúa para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da biblioteca pública municipal Rosalía de Castro, dependente deste.

4.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización de actividades culturais.

6.7.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil para a realización de actividades culturais e a colaboración coa Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI).

6.7.2017

13.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a posta á disposición de terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

6.7.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o concello da Lama para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal, dependente deste.

6.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Extremadura para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

7.7.2017

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universitat de Barcelona para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

7.7.2017

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e The Graduate Center of The City Universty of New York (EE.UU.) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

7.7.2017

4.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Leroy Merlín España, S.L.U. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas no IES A Pontepedriña.

7.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Eötvös Loránd Tudományegyetem (Hungría) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

7.7.2017

4.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Provincial de Empresarios de la Primera Transformación de la Madera de Lugo e varias empresas para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

7.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas, a Amtega e a Universidade de Santiago de Compostela para continuar os traballos do Portal xurídico galego e da Base de datos de lexislación galega consolidada.

8.7.2017

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Vilanova de Arousa para a realización dunha actuación para a documentación e valoración patrimonial do castro e mosteiro de Cálago (Vilanova de Arousa, Pontevedra).

14.7.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Arteixo para a impartición de ensinanzas de formación profesional básica.

17.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ourense para a impartición de ensinanzas de formación profesional básica.

18.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica na Cova Eirós (Triacastela) e unhas xornadas sobre o paleolítico no noroeste.

18.7.2017

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario para o financiamento de gastos correntes e de capital destinados á realización de diversas actividades de investigación e divulgativas do noso patrimonio cultural.

19.7.2017

40.000,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Polígono de San Cibrao para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Asociación Área Empresarial do Tambre para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Asociación Área Empresarial do Tambre para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Sete Pontes para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Asociación de Empresarios Seara para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Comarcal de Empresarios de Arousa para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Círculo de Empresarios de Galicia para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios de Ribeira para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

19.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade para a realización do proxecto En-Red-Arte II.

20.7.2017

20.000,00 €

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Cegos Españois para o establecemento de medidas encamiñadas á atención das persoas con discapacidade visual.

26.7.2017

210.139,28 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o mosteiro cisterciense de Santa María A Real de Oseira para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de conservación e posta en valor do conxunto monumental do mosteiro de Santa María A Real de Oseira: igrexa e espazos de uso público, no concello de San Cristovo de Cea, Ourense, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento rexional (80 %) no marco do programa operativo Feder 2014-2020.

27.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

28.7.2017

0,00 €

Bases de colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Comunidade Autónoma de Galicia para a dotación de auxiliares de conversa nos centros educativos galegos para o curso 2017/18.

10.8.2017

2.726.000,00 €

Terceira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para o apoio ao programa de formación de recursos humanos do Hospital Veterinario Universitario de Lugo.

12.8.2017

1.975.477,95 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XV edición do Premio de Poesía Afundación.

23.8.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Ares para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de acondicionamento do cabido para sala de interpretación do mosteiro de Santa Catarina de Montefaro, Ares (A Coruña)

24.8.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Rosalía de Castro para actuacións de acondicionamento e reforma dos edificios anexos á casa-museo.

24.8.2017

120.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaira e a Fundación ECCA na formación de persoas adultas para a obtención do título de graduado en educación secundaria.

28.8.2017

217.249,69 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello do Saviñao para o acondicionamento e mellora do Auditorio (Casa de Cultura) de Escairón.

29.8.2017

40.000,00 €

ANEXO II

Título

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares para a realización de actividades culturais.

22.3.2017

60.000,00 €