Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55518

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 27 de novembro de 2017 pola que se procede á renovación da composición do comité clínico a que se refiren os artigos 15 e 16 da Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O comité clínico foi renovado por última vez a través da Orde do 16 de marzo de 2015 pola que se procede a designar os membros do comité clínico a que se refiren os artigos 15 e 16 da Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, e se regulan determinados aspectos sobre a súa constitución e funcionamento.

Como queira que, no artigo 4 da Orde do 16 de marzo de 2015, a designación dos membros titulares e suplentes do comité clínico se establecía por un prazo de dous anos e unha vez que o dito prazo xa está superado, cómpre proceder á súa renovación.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro O cesamento como membros titulares do comité clínico de:

– José Luis Doval Conde, facultativo especialista en Xinecoloxía e Obstetricia. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

– Eloy Moral Santamarina, facultativo especialista en Xinecoloxía e Obstetricia. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Pontevedra e O Salnés.

Segundo O cesamento como membros suplentes do comité clínico de:

– Susana Blanco Pérez, facultativa especialista en Xinecoloxía e Obstetricia. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

– Antonio Castro López, facultativo especialista en Xinecoloxía e Obstetricia. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

– Antonio María López Portela, facultativo especialista en Xinecoloxía e Obstetricia. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Pontevedra e O Salnés.

– Antonio Rodríguez Núñez, facultativo especialista en Pediatría. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Santiago de Compostela.

Terceiro O nomeamento como membros titulares do comité clínico de:

– Susana Blanco Pérez, facultativa especialista en Xinecoloxía e Obstetricia. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

– Antonio Castro López, facultativo especialista en Xinecoloxía e Obstetricia. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

Cuarto O nomeamento como membros suplentes do comité clínico de:

– José Luis Doval Conde, facultativo especialista en Xinecoloxía e Obstetricia. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

– Eloy Moral Santamarina, facultativo especialista en Xinecoloxía e Obstetricia. Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Pontevedra e O Salnés.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade