Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55385

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1999/2017-BPB).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 1999/2017

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 282/2014 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrentes: Javier Bendaña Rodríguez

Avogado: Xosé Febrero Bande

Procurador: Rafael Francisco Pérez Lizarriturri

Recorrido: Servizo Público de Emprego Estatal

Avogado/a: do Estado

Recorrido: Manuel Malde López, C.B. (BOP)

Recorrido: Manuel Malde y Cía, S.R.C. (BOP)

Recorrido: Malde Antic, S.L. (BOP)

Recorrido: Oyalia, S.L. (BOP)

Recorrido: Óscar César Malde Pardo (BOP)

Recorrido: Myrian Telleira González (BOP)

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 1999/2017 desta sección, seguido por instancia de Javier Bendaña Rodríguez contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Manuel Malde López, C.B.,Manuel Malde y Cía., S.R.C., Malde Antic, S.L., Oyalia, S.L., Óscar César Malde Pardo e Myrian Telleira González sobre desemprego, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decidimos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Javier Bendaña Rodríguez contra a sentenza do 14 de febreiro do ano dous mil dezasete, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, en proceso sobre prestación por desemprego promovido pola recorrente contra o SPEE, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servizo Público de Emprego Estatal, Manuel Malde López, C.B., Manuel Malde y Cía., S.R.C., Malde Antic, S.L., Oyalia, S.L., Óscar César Malde Pardo e Myrian Telleira González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza