Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55366

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. para executar durante o exercicio 2017.

1. Resolución do 15 de marzo de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. a execución de actuacións de conservación en parques da Rede de parques naturais de Galicia no ano 2017.

– Actividade: tarefas de protección e fortalecemento da biodiversidade, protección e natureza e infraestrutura ecolóxica, nos seguintes parques naturais de Galicia: parque natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, parque natural Monte Aloia, parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés e parque natural da Serra Enciña da Lastra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución dos traballos empezou a computarse desde o día seguinte ao da notificación da encomenda e estará vixente ata o 31 de decembro de 2017.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 07.03.541B.601.1 e é cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no ámbito do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.4.1 (fomentar a xestión, protección e mantemento de espazos naturais e a súa biodiversidade, en particular os protexidos, que inclúan medidas para paliar os problemas de erosión, salinización, desertificación, deforestación e baixo nivel de materia orgánica).

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio