Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55361

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2017 pola que se dá publicidade a varias encomendas de xestión ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. para executar no exercicio 2017.

1. Resolución do 5 de xuño de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. o servizo de estudo e seguimento dos valores naturais de ambientes insulares e os seus factores de cambio no Parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

– Actividade: servizo de estudo e seguimento dos valores naturais de ambientes insulares e os seus factores de cambio no Parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O prazo de execución é de 6 meses e empeza a contarse desde o día seguinte ao da notificación da encomenda.

– Financiamento. Tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 07.03.541B.640.1 e é cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no ámbito do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.4.1 (fomentar a xestión, protección e mantemento de espazos naturais e a súa biodiversidade, en particular os protexidos, que inclúan medidas para paliar os problemas de erosión, salinazación, desertificación, deforestación e baixo nivel de materia orgánica).

2. Resolución do 22 de xuño de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. a encomenda de xestión para actuacións de protección e conservación en hábitats asociados ao medio mariño e da restauración de áreas degradadas no Parque nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia 2017.

– Actividade: actuacións de protección e conservación en hábitats asociados ao medio mariño e da restauración de áreas degradadas no Parque nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O prazo de execución foi de 92 días (noventa e dous días) e empezou a computarse desde o día seguinte ao da notificación da encomenda.

– Financiamento. Tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicacións orzamentarias 07.03.541B.601.1 e 07.03.541B.640.1 e foi cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no ámbito do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.4.1 (fomentar a xestión, protección e mantemento de espazos naturais e a súa biodiversidade, en particular os protexidos, que inclúan medidas para paliar os problemas de erosión, salinazación, desertificación, deforestación e baixo nivel de materia orgánica).

3. Resolución do 3 de marzo de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. a execución do proxecto de mellora dos accesos á ZEC A Marronda (Baleira-Lugo).

– Actividade: actuacións para mellorar a capacidade de desaugamento dos pasos de auga do Pividal e de Real de San Paio, localizados sobre o rego do Candal e o rego dos Cabozos, na vía de titularidade municipal que discorre entre a estrada LU-750 e o núcleo de San Paio.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución foi de mes e medio (1,5 meses) e empezou a contarse desde a data de sinatura da acta de comprobación de implantación do proxecto.

– Financiamento. Tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 07.03.541B.601.2 e foi cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no ámbito do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.3.2 (protección, desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular, as de interese turístico).

4. Resolución do 7 de agosto de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. o servizo para a redacción dos proxectos de dúas pasarelas peonís no parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés e no parque natural das Fragas do Eume.

– Actividade: redacción de dous proxectos de execución de pasarelas peonís, unha sobre o río Vilameá (Lobios) dentro do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, e outra sobre o río Eume, na ruta que une o centro de visitantes e o mosteiro de Caaveiro dentro do parque natural das Fragas do Eume.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O prazo de execución do proxecto de execución dunha pasarela peonil sobre o río Eume dentro do parque natural das Fragas do Eume é de 2 meses e 15 días e comenza a computarse desde o día seguinte ao da notificación da encomenda. O prazo de execución do proxecto de execución dunha pasarela peonil sobre o río Vilameá dentro do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés é de 2 meses e comenza a computarse desde o día seguinte ao da notificación da encomenda.

– Financiamento. Tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 07.03.541B.601.2 e é cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no ámbito do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.3.2 (protección, desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular, as de interese turístico).

5. Resolución do 22 de decembro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria (Tragsa, S.A.) a encomenda de actuacións de servizo de apoio ao uso público na praia das Catedrais na Semana Santa 2017 cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

– Actividade: servizo técnico de apoio ao uso público na praia das Catedrais durante o período da Semana Santa 2017.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esa encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Tragsa, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período dos traballos foi de 11 días, do 7 ao 17 de abril, ambos incluídos, durante o período da Semana Santa 2017.

– Financiamento. Tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 07.03.541B.640.2, e foi cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no ámbito do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 06, prioridade de investimento 06.03, obxectivo específico 06.03.02).

6. Resolución do 28 de decembro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. a execución do proxecto de mellora do acceso á Cova do Rei Cintolo (Mondoñedo).

– Actividade: mellorar o acceso á entrada principal da Cova do Rei Cintolo, que comporta a construción dunha pasarela de madeira sobre pilotes. Previamente á instalación da pasarela, é precisa a realización de labores previas de roza e eliminación do arboredo existente, incluíndo a destrución dos tocos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esa encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. Os traballos encomendados tiveron un prazo de execución de mes e medio (1,5 meses) e empezaron a contarse desde a data de sinatura da acta de comprobación de implantación.

– Financiamento. Tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 07.03.541B.601.2 e foi cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no ámbito do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.3.2 (protección, desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular, as de interese turístico).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio