Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55409

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial da Coruña (Sección Quinta)

EDICTO (263/2015).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza o 31 de marzo de 2016, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

No recurso de apelación civil número 263/2015, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, o 22 de marzo de 2012, en xuízo verbal civil por razón de contía número 611/2011, sobre reclamación de cantidade, sendo a contía do procedemento 3.380,09 euros, seguido entre partes, como apelantes Andrés Busto Freguela, Roberto Guisande Sío e Mapfre Familiar, Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A., representada polo procurador Sr. Artabe Santalla, como apelado Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, como parte non comparecida Sociedad Anónima de Obras y Servicios Copasa, e como parte declarada en rebeldía Jovisa, S.L. Revestimientos y Chorreos, representada polo procurador Julio Tasende Calvo.

Revogando en parte a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, no xuízo verbal número 611/2011, e estimando parcialmente a demanda interposta por Andrés Busto Fraguela, Roberto Guisande Sío e Mapfre Familiar, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. contra Sociedad Anónima de Obras y Servicios Copasa e Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, debemos condenar e condenamos estas demandadas a pagar conxunta e solidariamente as seguintes cantidades: a Andrés Busto Fraguela, 343.43 euros; a Roberto Guisande Sío, 844,54 euros, e á entidade Mapfre Familia, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., 448,40, cos xuros legais do artigo 20 da LCS para a aseguradora demandada, sen facer especial imposición das custas procesuais causadas pola devandita demanda e polo presente recurso, mantendo en todo o demais e no que afecta a absolución da demandada Jovisa, S.L. Revestimientos y Chorreos a resolución apelada.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía, Jovisa, S.L. Revestimentos e Chorreos, expido e asino a presente. Dou fe.

A Coruña, 5 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza