Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55266

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 250/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 250/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Joaquín Lago Ramos contra SS Fernández Concesionario, S.L., ditáronse as seguintes resolucións:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Joaquín Lago Ramos, fronte a SS Fernández Concesionario, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 23.782,58 euros en concepto de principal (8.727,22 euros de salarios máis 2.084,97 euros de xuros do artigo 29.3 do ET e 12.051,20 euros de indemnización máis 919,19 euros de xuros do artigo 1108 do CC), máis outros 2.378,25 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, SS Fernández Concesionario, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, José Joaquín Lago Ramos, e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS».

E para que sirva de notificación en legal forma a SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza