Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de novembro de 2017 pola que se notifica o acordo de execución subsidiaria dunha orde de demolición, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente IU1/16/2012).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 4 de outubro de 2017, resolución pola que se acorda dispoñer a execución forzosa, mediante a execución subsidiaria, á custa de José Ángel Carreira García e Margarita Díaz Pérez, da orde de demolición das obras executadas en solo rústico consistentes na instalación dunha vivenda de madeira sobre una soleira de formigón, dunha edificación auxiliar, unha pérgola e construción dunha churrasqueira, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/16/2012 como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 5 de setembro de 2013 da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, realizadas sen autorización autonómica, no lugar de Tralouteiro-San Xurxo, no concello de Ferrol, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a José Ángel Carreira García e Margarita Díaz Pérez, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística