Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54818

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2017 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 23 de novembro de 2017 polo que se modifica o Acordo do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), na súa reunión do 29 de decembro de 2016, acordou aprobar as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Conforme o previsto no número 4 do artigo 62 e mais no número 4 do artigo 67 do Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2017 autorizou que o Consello de Dirección da Agader modificase o acordo sinalado no parágrafo anterior.

De conformidade coas facultades que teño conferidas en virtude do artigo 10.2.a) do Regulamento da Agader, aprobado polo Decreto 79/2001, do 6 de abril,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) do 23 de novembro de 2017 polo que se modifica o Acordo do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

O citado acordo incorpórase a esta resolución como anexo.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Acordo do Consello de Dirección da Agader do 23 de novembro de 2017 polo que se modifica o Acordo do 29 de decembro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR)

Artigo único. Modificación do Acordo do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR)

O número 2 do artigo 26 do anexo I (bases reguladoras) do Acordo do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), queda redactado da seguinte maneira:

«2. Poderán concederse pagamentos parciais e anticipos de conformidade co disposto no artigo 31.6 da LSG, nos artigos 62, 63 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e nos artigos 42.2 e 45.4 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, do 17 de decembro, ben que coas seguintes particularidades:

a) O importe conxunto dos pagamentos á conta e anticipados aos beneficiarios das axudas xestionadas no marco das submedidas 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) e 19.4 (custos correntes da Estratexia de desenvolvemento local e animación) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 poderá alcanzar o 100 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, sen que exceda a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

b) Os citados beneficiarios quedan eximidos da obriga de constituír garantías nos pagamentos á conta que poidan recibir, cando o importe conxunto de pagamentos á conta e de pagamentos anticipados sexa superior aos 18.000 €».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Este acordo aplicarase desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.