Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato que ten por obxecto a adquisición de desfibriladores semiautomáticos externos (Desa), para servizos de emerxencias mobilizados desde o CIAE 112 Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, actuación 05.02.01.03.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=175588

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.17.SU.107.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de 180 desfibriladores semiautomáticos externos (Desa) para servizos de emerxencias mobilizados desde o CIAE 112 Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33182100-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto e multicriterio.

4. Orzamento base de licitación: 180.000,00 €, IVE incluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4 de setembro de 2017.

b) Data de formalización: 25 de setembro de 2017.

c) Adxudicataria: ANEK-S3, S.L. (proyecto Salvadidas).

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 148.760,00 €. Importe total: 179.999,60 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

A Estrada, 10 de novembro de 2017

Marcos Araújo Pereira
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias