Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun expediente tramitado por esta entidade (2016/50/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172.2 e 173 bis 2.b) do Código civil, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio desta.

O expediente está á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non o facer, se terá por notificada.

A persoa interesada ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderá interpoñer recurso contra a resolución ditada no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Nº de expediente: 2016/50/27.

Interesado: Álex Félix Yapur Quirós.

Dirección actual: descoñecida.

Asunto: Resolución do 3 de novembro de 2017

Efectos: mantemento da medida administrativa e modificación do recurso.

Lugo, 10 de novembro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo