Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 31 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Miño (expediente IN407A 2017/153-1).

Expediente: IN407A 2017/153-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT rúa Raxel, nº 18, pistas polideportivas.

Concello: Miño.

Características técnicas:

Retensado tramo liña eléctrica de media tensión aérea PED-705 (entre apoios nº 28 e nº 28/1), a 15 kV, cunha lonxitude de 173 m, coa orixe no apoio nº 28 existente da LMT PED-705 (expediente 33.232), no tramo entre a derivada ao CT Bra vivendas sociais (expediente 349/05) e a derivada ao CT grupo escolar (expediente 553/06), condutor tipo LA-110 mm2 AI (existente), e final no apoio nº 28/1 proxectado que se vai intercalar na LMT PED-705, no tramo entre a derivada ao CT Bra vivendas sociais e a derivada ao CT grupo escolar.

Liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 206 m, coa orixe no paso de aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 28/1 que se intercalará na LMT PED-705, no tramo entre a derivada ao CT Bra vivendas sociais e a derivada ao CT grupo escolar, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final en empalmes proxectados coa LMT soterrada PED-705, no tramo entre a derivada ao CT Bra vivendas sociais e a derivada ao CT grupo escolar.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 31 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña